18 de enero de 2015

TRABALLO: CENTRAIS ELÉCTRICAS.

Para tratar o tema da produción da electricidade eléctrica teredes que facer un traballo de investigación (presentación con Impress e exposición voluntaria) sobre unha central de produción de enerxía eléctrica.
o traballo terá a seguinte estrutura:
  • Portada.
  • Índice.
  • Introdución.
  • Partes da central e funcionamento.
  • Produción a nivel nacional e internacional.
  • Vantaxes.
  • Inconvenientes.
  • Bibliografía.
O número máximo de diapositivas será de 15.



Lembrade que para utilizar imaxes nos vosos traballos, hai que ter en conta os dereitos de autor da mesma, o que coñecedes como licenzas de uso. Só porque unha imaxe está na Internet, non a converte automaticamente en pública.
Cando a imaxe está publicada co símbolo do copyright ou coa frase "Todos os dereitos reservados", non podedes facer uso dela a non ser que teñades, por escrito, o permiso do autor. Pero o máis común é que atopedes imaxes do tipo Creative Commons. Neste caso, hai que informar da autoría e/ou da páxina onde está publicada (creativecommons.org).
Moitos sitios, como Flickr, Creative Commons Search e Google Images, permiten filtrar segundo o tipo de licenza. E tamén podedes utilizar moitos bancos de imaxes:
Pixabay.com/es/ Imaxes de dominio público (É recomendable facer a busca en inglés).
http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/
http://photopin.com/
Photosforclass. Ademais de ser un buscador de imaxes con licenzas CC, permite insertar na imaxe os datos de atribución (licenza e autor).